Negra Sombra

Título Negra Sombra
Medidas 81 x 100 cm
Técnica Óleo sobre lienzo.
Basado en la canción Negra Sobra. Letra de Rosalía de Castro, composición de Juan Montes Capón e interpretada por Luz Casal.

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin me dexarás ti nunca,
Sombra que sempre me asombras.